1920
O máis novo de seis irmáns, nace en 1920 en Cabreira, Salvaterra de Miño (Pontevedra), no seo dunha humilde familia labrega. Naquela época, obter da terra os alimentos ocupaba todo o tempo e esixía todos os esforzos.
1938
Ao acadar a maioría de idade é recrutado e obrigado a participar na Guerra Civil Española (1936-1939).
1948
Tras regresar a casa, xa casado e con dous fillos, emigra ao Brasil, como tantos miles de galegos, na procura dunha vida mellor para a súa familia.

1960
Ao retornar a Galicia volve sentir a chamada da terra e merca a finca Quinta Gaviñeira, propiedade fidalga na que existían viñedos de Albariño dos anos vinte. Anos despois comeza a ampliación da plantación ata completar as 7,4 hectáreas actuais.
2009
En plena crise financeira, Clemente, o seu fillo máis novo decide aproveitar os recursos existentes para crear, en homenaxe ao seu pai, a adega Angel Sequeiros.

[year]
Hoxe, o legado continúa, co mesmo compromiso coa terra e unha forma de facer viño que entende a excelencia como unha cuestión de tempo, coidados e detalle. Albariños para celebrar os momentos que importan.